World News in Spanish

A NAVALLA DE BOTIS. Fascículo 49, nivel de activación

Para entrar en materia imos ver que é iso do nivel de activación mental e cómo che afecta.

Estamos a falar dunha resposta do organismo a tres niveis: fisiolóxico, conductual e mental. Quédate con iso.

“Uno para gobernarlos a todos”, escribía Tolkien, pois poida que o nivel mental teña o control total aquí. Por outra banda a activación poderá ser positiva e negativa pero a resposta ante unha mesma situación será diferente segundo a persoa que se teña que enfrontar a ela ou incluso segundo o día ou o momento, tratándose da mesma persoa, dependendo da imaxe mental que teña desa situación, e iso é algo que vas poder traballar por tí.

Aquí hai que aclarar que unha activación negativa ou positiva non é beneficiosa ou perxudicial per se. Podes imaxinar que funciona coma o termostato dunha caldeira onde debes manter unha temperatura media: con unha temperatura baixa a caldeira non vai cumprir a súa función e si é moi alta fallará a válvula de presión e deixará de funcionar.


“No termo medio está a virtude”, Aristóteles.

Obviamente pola duración de moitas probas ciclistas vai haber moi poucos deportes onde o nivel de activación teña tal necesidade de irse modulando ó longo da competición. Tan perxudicial pode ser que leves unha activación excesiva nun momento de transición e calma no pelotón como ir relaxado en exceso en momentos de tensión.

Cómo determinamos o teu nivel de activación?
Leva tempo, é un traballo constante de observación e evaluación dos tres niveis que che falei antes:

A nivel fisiolóxico debes observar “como estou antes dunha carreira”. Párate a observarte e calcula a túa frecuencia cardiaca sen mirar o pulsómetro. Comproba se as túas sensacións se corresponden co número da pantalla.

A nivel conductual pregúntate “que fago?”, obsérvate. Seguro que terás visto algún compañeiro ou rival que antes de tomar a saída actúa de xeito distinto que se comporta de xeito errático ou berra seguido en lugar de falar… qué pasa contigo? Observácheste algunha vez?

O autodiálogo vai ser fundamental. “Cómo me falo?” vai ser unha pregunta fundamental para evaluar os teus pensamentos.

Debes observar e evaluar de xeito constante a estes tres niveis. Toma boa conta da túa respiración, do teu xeito de falar e de comportarte cos teus compañeiros ou das túas emocións e ponlle nota. Isto último é maís doado, en toda a túa vida académica fuches valorado nunha escada de 0 a 10, agora cando valoras un producto en Amazon danche esa mesma escada partida pola metade en forma de estrelas. Pois iso mesmo, pon un número de 1 a 10 ó teu nivel de activación valorando estes tres niveis onde 1 sería estar totalmente relaxado e o 10 un estado vinculado ó pánino ou á ira.

Unha vez que poidas valorar en cada momento en que punto da escada te atopas será hora de buscar o teu punto de activación ideal, o teu estado de flow, o número sobre o que debes colocar a agulla do teu termostato para que a temperatura e presión na túa caldeira sexan idóneas.

No vindeiro fascículo habemos falar de cómo devolver a agulla a ese punto no momento que tí decidas que te tes afastado de máis, ben cara arriba ou cara abaixo.

Lémonos aquí e saudámonos na estrada!

Podes atoparme en:
 ●Strava: Botis BTS - RS
 ●Facebook: Botis Bts - rs
 ●Instragram: Botis.bts.rs

Podes contactarme en:
 ●bts.rendementosaudable@gmail.com

Podes unirte a:

Читайте на 123ru.net